OurenseÚltima hora

O Inorde organiza en Xinzo unha xornada de campo dentro do proxecto “Rexenera Limia”

Este acto serviu para dar a coñecer ao sector os traballos que esta entidade realiza a nivel de experimentación e investigación agrícola
As xornadas desenvolvéronse no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo. 

O Inorde vén de organizar hoxe, 6 de setembro no seu Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, a “Xornada do Campo” dentro do proxecto “Life Regenera Limia”.

O obxectivo destas xornadas céntrase, por un lado, dar a coñecer os avances que neste proxecto se teñen realizado, realizando fincapé nos traballos que desenvolve esta entidade.

Así se deu conta da posta en marcha do sistema integrado de control de fertilizantes e abonos, aso como o funcionamento da Aplicación xeoreferencia vía web.

Noutra orde de cousas, as Xornadas do Campo serviron para dar a coñecer ao sector os traballos que o Inorde realiza a nivel de experimentación e investigación agrícola. Así, nas preto de seis ás, destinadas a ensaios de cultivo de patacas situadas na finca Antela, amosóuselle aos agricultores experiencias relacionadas co uso e emprego de abonos comerciais, manexo do nitróxeno como factor de crecemento en variedades destinadas a frito industrial tales como Agria, Fontane, Babylo, Rock, Lady amarela…

Os profesionais coñeceron de primeira man o traballo deste centro.

Outro importante bloque de ensaios está centrado no manexo da variedade máis representativa de Galicia; nestes ensaios avalíase a resposta de cultivar a diversos xeitos alternando abonados orgánicos con minerais ou novas filosofías de traballos tales como o emprego de microrrizas.

A experiencia que máis interese despertou nos participantes foi o ensaio de variedades comerciais de pataca; nel recolléronse máis de oitenta cultivares de nova introdución no mercado, entre elas, novas variedades para a industria do frito, variedades de carne branco para o consumo en fresco, variedades con vocación de lavado ou variedades de pel e carne morada ou violeta de nova introdución nos mercados.

Estes ensaios complementáronse cun reservorio nos que se conservan as tres variedades autóctonas galegas máis coñecidas: fina de carballo, cazona e ganade.

Artigos relacionados

Back to top button