ConcellosEntroido 2024Última horaXinzo de Limia

O Plan de autoprotección do Entroido de Xinzo, abordado pola Xunta Local de Seguridade

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, copresidiron esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade na que se realizou unha análise da seguridade cidadá, e se estudaron as medidas do Plan de autoprotección do Entroido dada a relevancia, declarada de interese turístico internacional, e proximidade desta festividade xa que se trata do Entroido máis temperá, comezando o 20 de xaneiro.

En canto á seguridade cidadá, Emilio González sinalou que “o índice de criminalidade en Xinzo de Limia mantense dentro dos niveis normais”. González puxo en valor a “colaboración e a coordinación nas actuacións” tanto da Policía local da vila como da Garda Civil e salientou o traballo das forzas e corpos de seguridade do Estado xa que grazas á súa labor posibilitaron o aumento considerable no esclarecemento de delitos deste ano.

No relativo ao Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas, o concello de Xinzo de Limia, o IES Cidade de Antioquía solicitou entrar no programa.

Entroido

No tocante ao Entroido, o subdelegado solicitou a máxima colaboración doutras administracións, en especial da Xunta de Galicia, coa Policía Autonómica; así como a colaboración cidadá para o correcto desenvolvemento destes días de festas dado as grandes aglomeracións que se esperan. Para unha maior seguridade e información, instalaranse distintos Puntos Violeta móbiles polo concello que se reforzarán co uso de drones.

Pola súa banda, o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, explicou as medidas do “plan de autoprotección” realizado polo Concello e as forzas de seguridade e que extenderanse dende o “petardazo” ata os días de entroido.

Esta será a primeira das Xuntas de seguridade que o subdelegado presidirá esta semana. Nos vindeiros días celebrarase en Verín cubrindo e analizando as medidas de proteccións que se levarán a cabo nas grandes vilas do Entroido.

Artigos relacionados

Back to top button