OurenseÚltima hora

Instálanse dispensadores de xel antivírico nos parques máis concorridos da cidade de Ourense

 

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, coa colaboración da empresa concesionaria Ecourense traballa na instalación de equipos dispensadores de xel antivírico nos parques máis concorridos da cidade. O obxectivo, indica o tenente de alcalde Jorge Pumar, é mellorar a seguridade dos cidadáns para que poidan gozar en familia dos parques urbanos.

Ademais, o titular das competencias de Medio Ambiente afirma que estes equipos de dispensación tamén estarán instalados nos espazos de xogos infantís, para cando se poidan utilizar, para a especial protección dos nenos e dos seus avós e pais, á hora de ir xogar e gozar.

Os 40 equipos dispensadores contarán cun sistema de manipulación por pé facilitando o seu uso e a seguridade individual de cada usuario. Jorge Pumar lembra que a seguridade é responsabilidade de cada un de nós.

 

Dispensador de xel antivírico nun parque de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button