O municipio de San Xoán de Río vén de ampliar as súas instalacións deportivas, ofrendo un novo servizo á súa veciñanza. Nestes días finalizaban os traballos da primeira pista de pádel municipal, situada na vila. Esta instalación foi financiada pola Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte.
A pista está rematada, se ben están pendentes de finalizar as obras de acondicionamento do seu entorno.
Fotos: Concello de San Xoán de Río.