DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Intensa actividade atlética en Calabagueiros (O Barco) con 3 competicións galegas

Estanse a desenvolver os Campionatos de Galicia de Probas Combinadas Absoluto e Sub23, o Campionato de clubs Sub14 e o Campionato de Galicia individual Sub23

 

Dende a tarde do 5 de xuño as pistas de atletismo barquenses de Calabagueiros acollen competición galega. En concreto ao longo da xornada deste domingo son tres as que se disputan á vez: os Campionatos de Galicia de Probas Combinadas Absoluto e Sub23, o Campionato de clubs Sub14 e o Campionato de Galicia individual Sub23.

En total serán preto de catrocentos atletas os que está previsto que se dean cita no Barco nestas xornadas. Serán un total de 29 os equipos participantes no Campionato de Galicia de Clubs Sub14, logo de que o ano pasado non se celebrara, sendo o Lucus Caixa Rural Galega na categoría masculina e o Vila de Cangas na categoría femenina, quenes defendan os títulos acadados precisamente neste mesmo escenario.

Xunto a eles tamén estarán tomando parte o ADAS Proinor (entre cuxos atletas están tamén algúns da Escola Deportiva de Trives), Ourense Atletismo, Atlética A Silva, Millaraio, Club Atletismo Narón , Club Atletismo Sada, C.D. La Purísima, Real Club Celta, Atletismo Feminino Celta, Sociedad Gimástica , Agrupación Viguesa, Marineda Atlético e Atlética Lucense.

A competición prolongarase ata última hora da tarde deste domingo.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button