ConcellosÚltima hora

Intensa fin de semana de promoción da Festa do Botelo do Barco

Os participantes no III blogtrip visitarán mañá domingo unha fábrica de embutidos

 

Venda de entradas, programas de radio nacional en directo, degustacións, visitas,… Moi intensa está sendo esta fin de semana, previa á XX Festa do Botelo no Barco de Valdeorras, coa celebración da terceira edición do encontro de blogueiros e periodistas, organizado para a promoción desta Festa de Interese Turístico Galego, do Botelo, do viño de Valdeorras e da vila do Barco.

A xornada do sábado comezaba ben cediño coa venda das entradas para o xantar do botelo o 18 de xaneiro, que se esgotaban en apenas unha hora. De seguido tiña lugar a emisión en directo dende o Teatro Lauro Olmo do programa de RNE5 “Degustar Galicia” que contou coa presenza do alcalde do Barco Alfredo García, da cociñeira da Festa do Botelo Otilia Docampo e do presidente do C.R.D.O. Valdeorras José Luis Pando.

 

Un botelo xa cociñado.

 

O programa está dirixido e presentado por Manuel Mariaga, un dos seis a xornalistas e expertos gastronómicos que participaron nesta edición do Blogtrip do Botelo que arrancaba esta mañá coa visita á Adega Roandi, en Éntoma. O programa continuaba a mediodía co xantar no restaurante Casa Galaica, onde coñeceron e degustaron o botelo, acompañados pola concelleira de Cultura Margarida Pizcueta e pola tarde, cun paseo polo entorno de Xagoaza e visita á “Cova dos Monxes” de Adegas Godeval; e percorrido polos bares da vila barquense coa ruta de pinchos “O Barco vai de viños”.

Un dos pratos fortes do programa está reservado para mañá domongo pola maña: visita á empresa de elaboración do botelo en Viana do Bolo: Embutidos García Marcos, onde lles explicarán a súa elaboración na propia fábrica así como todo o proceso de secado e afumado.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button