DeportesÚltima hora

Intensa fin de semana de voleibol en Quiroga

As Seleccións Autonómicas Infantil e Cadete, feminina e masculina concentráronse para preparar os campionatos de España

 

Dende o venres 2 de xullo e ata o domingo día 4, o Pavillón Municipal de Quiroga acolleu a concentración da Federación Galega de Voleibol, a primeira da tempada que realizan as Seleccións Autonómicas Infantil e Cadete tanto na categoría feminina como na masculina.

Os deportistas, entre os que está a cadete barquense Ángela Bussieres, desenvolveron tres intensas xornadas de preparación para participar nos CESA, os Campionatos de España en Idade Escolar que se celebrarán en Valladolid entre o 15 e o 18 de xullo.

Esta concentración ao igual que as xornadas de Supervisión e Control son froito dun convenio de colaboración entre a Federación Galega de Voleibol e o Concello de Quiroga, polo que durante o ano fanse varias xornadas de preparación de voleibol, tanto na categoría infantil como na de cadete.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button