CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Intensa programación musical esta Semana Santa no Bravo Lux, na Rúa

Dos En Punto./ Foto cedida.

 

O Bravo Lux da Rúa vén de presentar a programación musical para estas festas con catro días cargados de eventos.

A Semana Santa de paixón e goce comeza o mércores 27 de marzo no establecemento rues coa proposta “Salseo Party”. Será a partir das 23:59 horas e xa o avanza Javier ‘Karayán’, xerente do local, “prepárense todas e todos para gozar e bailar como se non houbese un mañá”.

A movida continúa o Xoves Santo, 28 de marzo, cunha xornada completa que comezará cunha sesión vermú, continuará cun tardeo e rematará cunha madrugada amenizada con Tariro DJ. Para a sesión vermú, a partir das 14:30 horas haberá bingo e música da man de Motto Inda House e Karayán, ofrecéndose tamén xantar a prezo popular para quen queira. E no tardeo, a partir das 20 horas música en directo co dúo coruñés Dos En Punto (Carlos Bau e Hugo Torreiro).

 

 

Chegando ao Venres Santo, o Bravo Lux presenta outra xornada completa como a do día anterior. Vermú, tardeo e sesión DJ a partir da 1 da madrugada con Motto Inda House. Na sesión matinal pincharán Karayán e Motto, con bingo e xantar para quen queira; e para o tardeo un concerto a cargo do grupo Os Piñeiros Band, formación coruñesa que fai versións pop-rock.

Para pechar a programación de Semana Santa, a xerencia convida a pasar polo local o sábado 30 para gozar do vermú, as cañas e os viños ao mediodía e tamén pola tarde, e para aqueles que queiran máis marcha nocturna, DJ Karayán pinchará a partir da medianoite.

Artigos relacionados

Back to top button