Infantís, benxamíns e xuvenís do C.D. Rúa xogaron os seus respectivos partidos en casa
Un empate, unha vitoria e unha derrota. Un pouco de todo houbo na xornada de fútbol base do C.D. Rúa celebrada o 24 de febreiro no campo rues do Aguillón.
Os primeiros en xogar, ás 11:30 horas da mañá, eran os infantís que empataban a uns coa E.D. Ourense na loita polo título, tras un partido con certa polémica provocada pola arbitraxe.
Pola tarde, os benxamíns superábanse a si mesmos logrando un contundente 6-1 ante A Peroxa, mentres que os xuvenís, tamén na fase de play off polo título de liga, perdían 1-3 ante a U.D. Ourense.
As imaxes da galería corresponden ao partido dos benxamíns.
Fotos: Mónica G. Bellver.