CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Intensa viaxe do Orfeón Trivés ao País Vasco para actuar no Centro Galego de Barakaldo

 

Contentos, emocionados e satisfeitos, pero tamén moi cansados. Así regresaban os membros do Orfeón Trivés da súa viaxe exprés para actuar no Centro Galego de Bizkaia, en Barakaldo. Partían de Trives o sábado ás 6:30 horas e regresaban o domingo xa de noite, e entre medias, actuaban, desfrutaban da festa e facían turismo.

 

 

Unha vez no Centro Galego os triveses eran os primeiros en actuar no festival, interpretando para a ocasión cinco obras, tres en galego: Aguita del ríoTe quieroMeu amor é mariñeiroRuada de Chamosa e Quen poidera namorala (con arranxos de Sandra González e acompañada á gaita por Rocío Fernández). Tamén actuaba a Coral La Encina de Santander, unha agrupación de canto tradicional cántabro; e as dúas corais de Barakaldo, Coral Zigor e O Noso Lar, que pechaba o evento antes de interpretar, de forma conxunta, A Rianxeira.

 

 

Como en todo festival coral que se precie houbo intercambio de agasallos. O Orfeón Trivés recibía unha chapela e tres botellas de viño; entregando pola súa parte a cada unha das corais, unha cesta con produtos das Terras de Trives (Bica, aceite, mel,…), rematando a noite cunha cea no propio Centro Galego e festa rachada ata a madrugada.

 

 

Na mañá deste domingo 26 de novembro tocaba ruta turística por algúns dos lugares máis emblemáticos de Bilbao como o Estadio de San Mamés ou o Museo Guggenheim. De camiño tamén visitaban a Catedral de Burgos.

 

Diante de Puppy.

 

Moitos quilómetros e moita actividade en pouco tempo pero tras anos sen actuar fóra de Galicia, dende o Orfeón Trivés volven contentos, sobre todo pola posibilidade que tiveron de reencontrarse con familiares e veciños que viven no País Vasco. “Foi bonito e emotivo”, asegura a directora, Sandra González.

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button