OurenseÚltima hora

Internos e funcionarios do Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar fan o Camiño de Santiago

 

O sábado 5 de outubro internos do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar chegaban a Santiago de Compostela para encontrarse cun centenar de internos e internas de toda España na terceira edición da peregrinación que organiza a Pastoral Penitenciaria da Conferencia Episcopal e que reuniu a 240 internos e internas de 14 centros penitenciarios. Catro días de peregrinación por etapas do camiño portugués, nos que estiveron acompañados por o capelán do centro e por 2 voluntarios da Pastoral Penitenciaria de Diocese de Ourense.

A xornada conxunta partía do Monte do Gozo como punto de encontro as 9:45h. Desde Ourense sumáronse o Director e Subdirectora de Tratamento do Centro Penitenciario e 6 profesionais mais para camiñar xuntos ata a Catedral de Santiago, onde as 12h tivo lugar a tradicional misa do peregrino. Ao finalizar a eucaristía, desprazáronse hasta o Seminario Maior San Martin Pinario, onde compartiron as experiencias vividas o
longo do camiño.

 

 

Víctor, interno do centro penitencario, agradeceu o trato recibido e afirmou ir con cargas innecesarios na mochila que pouco a pouco foi soltando. “Houbo momento de dor, de fatiga pero tamén de compañeirismo e respecto”, dixo. E en palabras de Carlos, o capelán, “este camiño significa vivir uns días de convivencia na sinxeleza e exixencia do camiño tratando de descubrir a importancia de ter na vida unha meta, que se acada con pequenos esforzos, loita e constancia”.

Iniciativas como esta “preparan aos internos e internas para a súa vida en liberdade, buscando fomentar a reflexión e a transformación persoal dos participantes nun entorno de apoio e acompañamento”, din dende o centro.

Artigos relacionados

Back to top button