Isolina Bergantiños López, veciña do municipio de San Xoán de Río, sopraba neste 17 de marzo as candeas dos seu aniversario. Cumpre 107 anos e celebrábao na residencia de maiores cunha festa na que non faltaba a tradicional tarta.
Dende o Concello, o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez, vén de manifestarlle os seus parabéns a “ela e a toda a súa familia”.
Ademais destaca que este municipio é unha “terra de lonxevidade. A nosa zona ten a maior esperanza de vida do planeta”, asegura o rexedor.
Fotos cedidas.