ITH actúa mañá, venres 3 de febreiro, na Sala Baranda do Barco
2 de Febreiro de 2017
A banda de rock en galego chega por primeira vez ao Barco dentro da súa xira 2017ITH recibe o seu nome do fillo de Breogán.
Mañá, venres 3 de febreiro, chega por primeira vez ao Barco de Valdeorras ITH, a banda que cumpre xa máis de 15 anos de traxectoria musical facendo rock en galego.
Quince anos resumidos en tres maquetas, un disco gravado en directo, un CD en acústico e un DVD ao vivo, así como numerosas actuacións por toda Galicia, chegando a compartir escenario con bandas como Los Suaves e ter actuado en festivais como o da Luz. O ano pasado lanzaban o seu primeiro disco de estudo titulado Forte co que comezaban de cero. Un disco cheo de temas entre o rock e o pop máis enérxico especialmente forte nos directos.
Quen así o desexe poderá comprobalo no concerto que darán a partires das 23:30h. na Sala Baranda, onde comezan a súa xira 2017.
Cartaz da actuación de ITH na Sala Baranda do Barco de Valdeorras.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.