
Tal como veñen facendo dende a consitución do club, dende Spinning Valdeorras comezan a tempada de pesca coa convocatoria de limpeza no río Sil.
Aínda que inicialmente estaba prevista para o domingo día 5, neste 2023, a IV limpeza colectiva de plásticos nas marxes do Sil ao seu paso polo Barco e Vilamartín de Valdeorras será este domingo día 12 de 10 a 13 horas, sendo os puntos de encontro a pasarela do Malecón (O Barco) e a praia fluvial de Vilamartín.
Trátase “dun pequeno xesto por todo o que nos dá o río”, aseguran dende o Club de Pesca Deportiva Spinning Valdeorras recomendando a todo aquel que se anime a participar, que leve luvas e calzado adecuado.