AutomobilismoDeportesÚltima hora

Iván Ares e David Vázquez serán os primeiros en tomar a saída na 1ª xornada do ROU

O primeiro tramo será o de Amoeiro, de 15,08 km e arrancará ás 17:20 horas

 

Ás 17:20 horas arranca o primeiro tramo do 55 Rallye de Ourense, de 15,08 km en Amoeiro sendo Iván Ares e David Vázquez os que saian en primeiro lugar ao marcar o mellor crono no tramo de calificación disputado no concello de Toén.

O piloto coruñés foi o mellor nesta especial de probas, seguido de Pepe López e Borja Rozada e Efrén Llarena e Sara Fernández. Unha vez completado o Shakedown e tramo de cualificación para os oito equipos prioritarios, o resto de rexistrados neste tramo de preparación para a proba propiamente dita puideron realizar as súas pasadas, antes de retornar a Expourense para iniciar, á primeira hora da tarde, a primeira xornada de competición, con cinco especiais cronometradas.

En cuarto lugar sairán Pernía e Sánchez, seguidos de Suárez e Iglesias, Cachón e Vela e López  Odriozola.

 

Artigos relacionados

Back to top button