Na xornada do sábado 27 de abril o deportista Iván Dosantos Luis, membro do Club Atletismo Rúa, escribía un capítulo na curta historia do club rues nos 101 Km Peregrinos en 24 horas polo Camiño de Inverno a Santiago.
Participaba na modalidade Ultra Maratón de 48 km acabando no posto 17 da xeral e terceciro sénior masculino cun tempo de 05:54:40. “E todo a pesar dunha metereoloxía adversa con chuvia, vento e neve”, aseguran orgullosos dende o Atletismo Rúa.
Fotos: Club Atletismo Rúa.