Solidariedade pero tamén deporte e competición na II Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas de Vilamartín. Á marxe das andainas longa e curta, había dúas probas competitivas: a BTT e a carreira. Na primeira delas o mellor resultado masculino viña da man de David Doporto, mentres que Roberto de la Iglesia era segundo. A primeira muller en cruzar a liña de meta era Eva Ortega, sendo Grit Hagen a segunda.
Na carreira o podio masculino absoluto era totalmente barquense. Ganaba Iván Fernández Rodríguez, seguido de Jesús Rodríguez e de Pacho García. En categoría feminina absoluta a vitoria era para a tamén barquense Ana Belén Rubio, a subcampioa era a ruesa Maribel García e en terceiro lugar entraba a atleta de Sobradelo Miriam Ares.
Fotos cedidas, agás as dúas últimas que son de Carlos G. Hervella.
