AutomobilismoDeportesÚltima hora

Jacobo Arias despídese de Escudería Valdeorras

O ata agora membro da agrupación vén de anunciar a súa desvinculación

Jacobo Arias na saída da IV Subia a Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Como partícipe en varias agrupacións e pertencendo a esta da comarca, creo que é oportuno dar a coñecer a decisión particular da miña desvinculación con Escudería Valdeorras.

Desde o inicio desta segunda etapa da escudería pertencín a ela, ata o día de hoxe. A decisión é particular e miña propia. Fágoa pública para que se saiba da miña propia boca esta decisión. Non é outra máis que a acumulación de tarefas en tantas agrupacións e o tempo que non se pode dedicar a todas elas.

Espero e desexo que siga por moitos anos máis cultivando alegrías para a comarca no mundo do motor por parte desta agrupación. Sen máis detalles agradezo este tempo a todos os que nela están e colaboran.

Moita sorte.

Jacobo Arias

Artigos relacionados

Back to top button