Unha das citas clásicas xa nas festas de verán da Rúa é a Milla Urbana Nocturna que, organizada polo Club Atletismo Rúa, celebraba na noite do sábado 3 de agosto a 8ª edición reunindo a 93 atletas de todas as categorías, dende “chupetíns” ata súper veteranos.
Coma sempre era a base quen abría a carreira pola rúa Miguel de Cervantes. “Chupetíns”, prebenxamíns e benxamíns non tiñan clasificación, con medallas para todos. En alevín, Milan Flores era primeiro, Martín Fernández segundo e Xoel Outomuro terceiro; en infantil, Santi Rivas era primeiro e Iván Rodríguez segundo; en cadete, Elios Fllores era primeiro, Rodrigo Álvarez segundo e Luis Rivas terceiro; e en xuvenil, Mario Agudo era primeiro e Daniel Daga segundo.
Despois chegaba a quenda dos adultos. Na carreira popular (sénior), Jesús Ángel Arques era primeiro, Javier Fernández segundo e Borja Sánchez terceiro; en veteranos masc. Jaime Fernández era primeiro, Jose Mallo segundo e Rafael Gudiña terceiro; en veteranos fem. Silvia Carballo era primeira e Carmen Fernández segunda; e en súper veteranos, Martín Cazorla era primeiro e Francisco Bao segundo. O mellor atleta local era Jaime Fernández.
Fotos cedidas.