DeportesPescaÚltima hora

Javier Calvo e Rubén Simón (Spinning Valdeorras), no podio do provincial de pesca de salmónidos lance celebrado en Ribadavia

 

Dende a súa formación o club de pesca deportiva Spinning Valdeorras fomenta a pesca responsable e o coidado do medio ambiente, considerando “fundamental coller bos hábitos nos inicios por iso intentamos ofrecer aos máis xoves un deporte alternativo, co que garantir o relevo xeracional que coide dos nosos ríos e mares”, din.

 

Podio do provincial de salmónidos lance.

 

De aí que se centren nos máis pequenos en moitas das saídas de pesca que realizan, sen esquecer a competición. Nese aspecto, o presidente do club, Daniel Prada, destaca orgulloso que contan con socios clasificados para varios campionatos. O primeiro, o provincial de salmónidos lance celebrábase este domingo 16 de abril no río Avia, en Ribadavia, e dous membros do club subían ao podio. Javier Calvo Escuredo proclamábase subcampión provincial e Rubén Sinóm Rodríguez era terceiro, logo de catro mangas de competición (dúas pescando e outras dúas controlando).

 

 

Orgulloso por estes resultados, o presidente do club adianta que teñen outros tres socios clasificados para o Campionato Provincial de Salmónidos Mosca que se celebrará o vindeiro 29 de abril no coto Barbantiños, no Carballiño.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button