DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Jesús Rodríguez e Iván Fernández impóñense na carreira por parellas do Barco marcada polo vento

Catorce parellas participaron nesta VIII edición da proba “O Barconamora” celebrada o 16 de febreiro

 

Non tiveron rivais. A parella formada por Jesús Rodríguez e Iván Fernández do Club Fluvial Barco foron os campións absolutos da VIII carreira por parellas “O Barconamora” organizada polo Centro Comercial Aberto O Barco en colaboración coa delegación valdeorresa da Federación Galega Galega de Atletismo e o Club Adas Proinor.

Esta peculiar proba na que os participanes corren unidos polos pulsos, celebrábase na mañá do 16 de febreiro coa participación de 14 parellas, sete masculinas e sete mixtas. Jesús e Iván tardaron 26:41 minutos en completar os 7,5 quilómetros do percorrido, seguidos por Marco Paulo Rodrígues e Pacho García do Adas que o facían nun tempo de 27:47. Completou o podio da clasificación xeral a parella formada por Aitor Berciano e Inés Docampo que tardaron 33:13 minutos.

Nas categorías inferiores, dende sub14 ata prebenxamín, correron máis de 30 cativos e na andaina houbo 70 participantes.

A iniciativa, enmarcada na campaña de namorados do CCA concluía co sorteo de agasallos entre os participantes, cendidos polos asociados.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/70-participantes-na-andaina-popular-o-barconamora-promovida-polo-cca-o-barco/

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button