OurenseÚltima hora

Jesús Vázquez: “en cuestión de días, vaise proxectar a Estación Intermodal”

A xuntanza tivo lugar hoxe en Madrid.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño, mantiveron hoxe, 3 de maio, unha xuntanza en Madrid para abordar os distintos temas relativos da comisión de seguimento da integración do AVE en Ourense.

En concreto, segundo informou Jesús Vázquez, “deuse un paso moi importante na xuntanza”. En concreto, falaron da Estación Intermodal. O rexedor municipal apuntou que “xa na xuntanza de febreiro entendiamos que as tres administracións debían unificar as distintas partes da estación intermodal nun gran proxecto único”. Vázquez reiterou que tras a xuntanza “estamos en condicións de dicir que en cuestión de días, vaise iniciar este procedemento”, en concreto dixo que a principios de semana que vén iniciarase a tramitación urbanística xa que neste momento “o anteproxecto está todo redactado”, dixo.

Nestes momentos a Xunta está a traballar no texto que lle remitirá ao Concello, explicou Vázquez, e cando o Concello teña toda a información “procederemos a convocar unha comisión para proxectar a Estación Intermodal”. O rexedor asegurou que vai ser un proceso moi rápido e que van estar pendentes en todo momento das expropiacións.

En canto as actuacións que terá que facer a Xunta nesa nova estación intermodal, están a da creación dun aparcadoiro de dúas plantas soterrado con ascensores para a saída ao exterior e a construción da propia estación de autobuses integrada no deseño da Estación Intermodal.

Artigos relacionados

Back to top button