
A Xunta de Galicia vén de licitar as obras para acondicionar e mellorar a intersección, vías e instalacións da intersección da rúa do Souto coa praza da Vila, no municipio de Vilariño de Conso, por 239.000 euros.
A actuación, financiada ao 70% pola Xunta e ao 30% polo Concello, consistirá na construción dun muro de contención de formigón e doutro de pedra, o deseño dunha rotonda, unha ampliación das vías e o saneamento das pluviais. As tarefas de reforma acometeranse ao abeiro do plan Hurbe.