CulturaCulturaenBarcArteÚltima hora

Jorge Barredo traza na instalación “Sneffels” unha entrada imaxinaria a outros mundos no río Sil

Esta é unha das obras participantes na segunda edición do Festival enBarcArte do Barco

 

Sobre a superficie do río Sil, moi preto da pasarela que conecta o Paseo do Malecón co Salgueiral, un aro de luz aparece cada noite dende o pasado 9 de setembro. Esta é unha das obras que forman parte do 2º Festival de Instalacións Artísticas no contexto urbano do Barco, enBarcArte, que tamén nesta edición actúa sobre o río.

 

 

Esta instalación, obra de Jorge Barredo (que é tamén o curador do festival), leva por título “Sneffels”, nunha alusión directa ao cráter polo que se accedía á cerna do planeta na novela “Viaxe ao centro da terra” de Xulio Verne. “Desta idea misteriosa e mítica xorde o proxecto de realizar un círculo de luz, esta vez non no cume de ningunha montaña, senón no medio do noso marabilloso río Sil, como se se tratase dunha entrada imposible a outra dimensión, a outro mundo, onde todas as posibilidades nos son descoñecidas”, comenta Jorge Barredo.

 

 

A cor deste círculo de luz vai mudando de cor e reflexándose, a modo de espello, na auga do Sil, e, “á vez, parece flotar maxicamente coma se planeara no espazo”, engade o seu autor. Esta obra foi posible grazas á colaboración da empresa ANPEMA.

Fotos: Jorge Barredo.

 

Artigos relacionados

Back to top button