EntrevistasÚltima hora

Jorge Brazalez: “Encántame o Norte, sobre todo polo produto”

Jorge Brazalez.// Foto: Carlos Asensio.

Barbadás escolleu un xurado de excepción para valorar as propostas dos máis de 21 hostaleiros que compiten na segunda edición do Concurso de Pinchos “Barbadás a bocados”, que se celebra hoxe, 16 de setembro, e mañá. Entre eles está o gañador da última edición do programa de Televisión Española, MasterChef, Jorge Brazalez (Granada, 4 de xaneiro de 1989). Ex futbolista, Jorge pasou polo concurso amosando a súa técnica e calidade á hora de elaborar as receitas, aínda que tamén tivo algo de tempo para outras cousas. El e a “healthy blogger” Miri protagonizaron momentos moi agarimosos durante o concurso.

Xa tivo a oportunidade de coñecer un pouco a nosa terra? 

Cheguei onte á noite, polo que só durmín. Pero encántame o Norte, sobre todo polo produto que tendes e, se acompaña o tempo, penso que é un sitio perfecto. A paisaxe, sodes xente encantadora… Eu vivín en Santander pero, Galicia espero coñecela ben estes días.

Durante o seu paso polo concurso, vimos como cociñou Pulpo á Feira na Praza do Obradoiro de Santiago. Ademais do pulpo, probou algún prato máis da nosa gastronomía?

Naquel programa fun capitán do equipo e fixemos pulpo e lacón con grelos, e tamén comemos tarta de Santiago. Pero non, necesito probar moito máis para ter criterio e fundamento á hora de opinar da gastronomía galega.

 

https://www.youtube.com/watch?v=rryyb-0rFUw

 

Gañador de Master Chef 5. Como lle cambiou a vida tras pasar polo programa?

Imaxina, quen ía pensar que eu estaría aquí falando con toda esta xente e probando pinchos galegos. O cambio foi enorme. Eu antes xogaba ao fútbol e vivín un pouco o tema da fama en Colombia pero esta etapa é moi máis bonita, porque os nenos e a xente maior conectan comigo.

Cando lle propuxeron ser xurado neste concurso de pinchos de Barbadas aceptou á primeira? 

Home claro, e espero que me inviten moitas máis veces.

Visitará algunha parte da provincia?

Si, mañá irei visitar algunha zona de por aquí cerca para ver as paisaxes… E o luns teño o “showcooking” no Centro Comercial Ponte Vella. Espero que veñades porque vai estar ben. A min gústame cociñar pero no fago algo plano, gústame que o público colabore.

E a pregunta do momento. E Miri? 

Miri está agora en Barcelona, estivemos hai pouco nun evento alí ela, Nathan, Odku e mais eu. Pero vámonos ver pronto porque nos estamos levando moi ben e estamos coñecéndonos e estamos moi a gusto.

O xurado está formado por, Jorge Brazalez; o gañador do concurso Tapas por Galicia, Miguel González; e os “bloggers” gastronómicos Luis Oliveira, Pilar López e Inés Carcacía.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button