
Mañá, vernes 21 de maio, o estilista e modisto vianés Jorge Álvarez presentará en Madrid a súa colección Uhuru. Un proxecto de moda co que representará a Galicia na 35 edición dos Premios Nacionais da Moda e que avanza neste vídeo realizado por Estela Barone.
Tal como el mesmo explica, a súa é unha colección inspirada no mítico filme Memorias de África e tal como reflicte o título (Uhuru=Liberdade), fiel reflexo da marca Jorge de Álvarez, pretente dar un xiro de 180º ao clásico trasladándoo ao século XXI “onde o amor e a moda non entenden de sexo”.