DeportesEnduroÚltima hora

Jorge Paradelo, campión de enduro na Liga Galega da Moto de Campo 2023

O piloto barquense vencía na categoría elite na 5ª carreira celebrada en Foz mentre que Jairo Cao (CD Córgomo) era primeiro en Open 4t

Jorge Paradelo na carreira de Foz./ Foto cedida.

 

A Peroxa, Pantón, Piñor, San Xoán de Río e Foz. Son as cinco carreiras de enduro disputadadas ata o momento na Liga Galega da Moto de Campo 2023, lideradas de principio a fin polo piloto barquense Jorge Paradelo (A Peroxa Núñez Motor) que a falta dunha proba que se disputará despois do verán, previsiblemente na provincia de Pontevedra, é por puntos o campión desta edición da liga na categoría elite.

A última carreira que gañaba era a de Foz (Lugo), disputada na fin de semana do 17 e 18 de xuño. Nesa proba, o tamén valdeorrés Jairo Cao (CD Córgomo) vencía na categoría Open 4t, mentres que David Arias era 4°, a tan só 4 segundos do podio, na categoría E3.

 

Podio da categoría elite do Enduro de Foz./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button