Finalizado o prazo do que dispoñían os precandidatos para a recollida e presentación de avais (como mínimo o 5 % do censo de militantes) nas eleccións primarias do PSdeG-PSOE ás alcaldías de municipios de máis de 20.0000 habitantes, só dúas persoas cumprían este trámite na cidade das Burgas: José Ángel Vázquez Barquero (con 62 avais presentados e 62 validados) e Elena Rosa de Prada Creo (con 62 avais presentados e 62 validados).
Despois do correspondente procedemento de verificación, que tiña lugar nesta tare de 5 de novembro, ambos foron proclamados provisionalmente candidatos e candidatas a estas primarias en Ourense, segundo se informa dende o partido socialista.
A partir de agora ábrese un periodo de información á militancia entre o 9 e o 17 de novembro, e a xornada de votación terá lugar o domingo 18 de novembro. A votación en segunda volta, no caso de ser necesaria, sería unha semana máis tarde, o domingo 25 novembro.