DeportesÚltima hora

José Manuel Fdez. do club ArcoBarco, campión galego ao aire libre na Devesa

O arqueiro barquense vencía na categoría de arco composto, no campionato organizado polo club Boa Vila de Pontevedra

Cinco arqueiros do Club ArcoBarco participaban en diferentes categorías, no campionato galego tiro con arco ao aire libre 2017 organizado polo club Boa Vila, na Deveda (Pontevedra). Unha xornada caracterizada, segundo o club barquense “polas rachas de vento que facían aos arqueiros aproveitar o tempo para as tiradas ao máximo escollendo o mellor momento para levantar e soltar”.

O campionato desenvolveuse sen incidencias e finalmente, o arqueiro barquense José Manuel Fernández “Pepe” proclamábase campión galego na modalidade de arco composto.

Fotos: Club ArcoBarco.

 

Artigos relacionados

Back to top button