Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

José María Lago, elixido deputado provincial polo PP na Xunta Electoral de Zona de Verín

 

O concelleiro do PP na Gudiña, José María Lago, era elixido esta mañá deputado provincial despois de ser votado polos edís do PPdeOU dos concellos pertencentes á Xunta Electoral de Zona (XEZ) de Verín. Deste xeito, José María Lago formará parte da corporación provincial para o mandato 2023-2027 dentro do grupo popular, tomando posesión da súa acta de deputado na sesión de investidura da corporación provincial que se celebrará no mes de xullo.

José María Lago amosou o seu “agradecemento aos compañeiros populares” por ser elixido como deputado por parte da XEZ de Verín, integrada polos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Trasmiras, Verín e Vilardevós.

“Poder ser deputado provincial no próximo mandato é unha honra e, especialmente, un motivo de enorme responsabilidade”, sinalou Lago, que avanzou a súa motivación de “traballar con todas as gañas do mundo a prol da miña comarca e a miña provincia”.

Artigos relacionados

Back to top button