Partindo dun tema de máxima actualidade como son os recortes sociais, “Vitalicios” plantexa un escenario radical no que tres funcionarios adícanse a organizar en distintos listados aos artistas da nación cun misterioso obxectivo.
A obra, unha das últimas de José Sanchís Sinisterra e dirixida por Yayo Cáceres, chegará ao Auditorio Municipal de Ourense o vindeiro xoves 27 de novembro a partires das 20:30h.
A través da ironía e a sátira mordaz “Vitalicios” convida, a unha reflexión sobre onde trazar a feble liña vermella que separa o Estado do Mercado do Estado de Benestar.
Este sainete negro, está producido por EscénaTe, coa colaboración de Nuevo Teatro Fronterizo, e conta coas interpretacións de Candela Fernández, Cecilia Solaguren e Ricardo Reguera e a colaboración especial de Juan Diego Botto.