DeportesFútbolÚltima horaVerín CF

Juanjo Vilachá deixa de ser adestrador do Verín CF

Así o vén de anunciar o seu presidente esta tarde, Juan Carlos Francisco

Juanjo Vilachá, nun partido./ Foto cedida.

 

O presidente do Verín C. F., Juan Carlos Francisco, vén de anunciar esta tarde o cese do técnico do club Juanjo Vilachá, tras caer pola mínima na Moreira co anfitrión, o Antela Fútbol Club. O adestrador do equipo verinés, que pretendía dimitir das súas responsabilidades o vindeiro domingo se non alcanzaba a vitoria, aceptou a decisión do presidente co club, segundo asegura esta entidade.

Unha decisión de cese que Juan Carlos Francisco tomaba, tras a reunión coa súa xunta directiva nada máis concluír o partido no que caeron pola mínima en Xinzo de Limia. Dicía que tomaba esta decisión “con moitísimo dor, porque ninguén dubida da capacidade, aptitudes e vontade de Juanjo, adoptamos unha decisión difícil. O club entrou nunha dinámica negativa que debemos reverter e creo que a chegada dun novo técnico aos bancos terá o efecto esperado. Sei que Juanjo deuno todo e desexámoslle o mellor no persoal e no deportivo”, apuntou o máximo responsable do club.

Artigos relacionados

Back to top button