Julián Villamarín, preogeiro da XVIII Feira do Viño de Valdeorras
7 de Xullo de 2015
O acto inaugural da mostra terá lugar o 11 de xullo ás 12:30h. na praza de Viloira (O Barco)Julián Villamarín será o preogeiro da vindeira Feira do Viño de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Son moitos os elementos que unen a Julián Villamarín Rodríguez, responsable da área de clientes internacionais de Autoneum Spain Northwest SLU, con Valdeorras. Unha das lembranzas que ten dende ben cativo da terra da que procede a súa familia paterna, e na que pasaba os veráns da súa infancia, é a viticultura e o viño. Disto falará a bo seguro como pregoeiro desta XVIII Feira do Viño de Valdeorras, que se desenvolverá do 11 ao 12 de xullo na praza de Viloira (O Barco).
O acto da lectura do pregón está previsto para as 12:30h. do 11 de xullo e con el arrancará un certame que reunirá nesta edición a 16 adegas amparadas polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.
Máis información na edición en papel de xullo do Periódico O Sil
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.