ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Julio Mourelo será o pregoeiro das Festas do Cristo do Barco 2023

Julio Mourelo./ Foto: A.R.

 

O programa das Festas do Cristo 2023 abrirase de xeito oficial o vindeiro 13 de setembro ás 21h. na praza Maior do Barco coa lectura do pregón, que correrá a cargo de Julio Mourelo Fulgueral. Este barquense da rúa Real, empregado de banca xubilado, ten sido unha persoa moi implicada na vida sociocultural do Barco. Xa súa súa mocidade, alá pola década dos 60, era o promotor dunha rondaña, “Airiños do Barco”, que tomaba o seu nome doutra formación anterior á guerra civil, tamén ten sido integrante, dende os seus inicios, do Orfeón Valdeorrés, que deixaba na década do 2000 para asumir a dirección de Cáritas Interparroquial do Barco, que levou durante trece anos e medio.

Ademais, dende os 70 é confrade da Confraría Xesús Nazareno do Barco e actualmente é o seu tesoureiro. Mourelo Fulgueral coñece polo miúdo esta celebración, que viviu intensamente dende a súa nenez e que viu evolucionar ao mesmo tempo que o facía a súa vila.

 

Artigos relacionados

Back to top button