CulturaCulturaÚltima hora

Julio Pérez Veiga incorpórase á directiva do Instituto de Estudos Valdeorreses

 

Na tarde do venres 30 de agosto o IEV renovaba a  xunta directiva que presiden Aurelio Blanco Trincado, coa incorporación do profesor Julio Pérez Veiga. O secretario e a vicesecretaria son José Antonio Blanco e Sherezade Núñez, respectivamente e tamén forman parte da directiva Miguel Garrido, José Fernández e Marisa Lamela que non podían asistir á renovación, celebrada en pleno extraordinario na sede do Instituto, na Casa Grande de Viloira.

Media hora antes celebraban a xunta seral ordinaria na que entre outros temas, tocaban o estado de contas e a memoria de actividades.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button