CulturaCulturaÚltima hora

Kepa Junkera no XI Festival Folk&Rock nas Portelas

Noite de contos e música, no cortello, dentro do verán cultural en Lubián (Zamora)
Cartaz do festival.
Cartaz do festival.

Dende contos de lobos entre as pedras do cortello, pasando por representacións teatrais e deporte, ata música folk e rock. Son numerosas as propostas do concello zamorano de Lubián para desfrutar do mes de agosto. E, por suposto, nese abano de actos non faltarán festas como a da Tuíza, prevista para o 5 de agosto cun programa que incluirá a misa no santuario deste mesmo nome (12:30h.), actuacións pola tarde das charangas Nova Terra de Trives en Chaos e NBA en Lubián e verbena nesta localidade con ASSIA.

Ao día seguinte, a música será de novo protagonista co XXI Festival Folk-Rock nas Portelas, cuxo programa se abrirá ás 19h. cun desfile polas rúas de Lubián coa participación da Asociación Etnográfica Don Sancho (Zamora), as bandas de gaitas Villa de Xixón (Asturias), San Xoán de Páramos (Tui) e “As Portelas” (Lubián). O percorrido concluirá cunha actuación na praza Horta do Cura. E ás 22:30h. na praza da Fontarbela poderá desfrutarse dun concerto cuxo prato forte será o músico vasco Kepa Junkera. Tamén actuarán El Naan e Sacha na Horta.

Texto: Ángeles Rodríguez.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button