
Este ano comeza una nova etapa nas festas en San Xoán de Río, asumindo a AC RíoMola a comisión de festas. Unha das primeiras medidas que queren instaurar é a figura de pregoeiro, unha persoa á que homenaxear e que dea comezo oficiamente ás festas. Para elo, a asociación organizou unha consulta na súa páxina de internet que contou cunha gran participación, na que a xente debía decidir se o pregoeiro era alguén famoso (actor, artista, futbolista, etc) ou un veciño de San Xoán de Río. O resultado non deixou lugar a dúbidas, e a opción de que o pregoeiro fose alguén de San Xoán de Río venceu por unha amplísima maioría, superando o 75% dos votos emitidos.
Tras coñecer o resultado da votación, a Asociación recibíu varias suxerencias de candidatos para ser pregoeiro. Tras reunirse e analizar todos os candidatos, a Asociación Cultural RíoMola dedicíu por unanimidade que os primeiros pregoeiros en San Xoán de Río, desta nova etapa das festas, sexan Enrique Dorta Yáñez e Néstor Rodriguez González (Kike e Néstor).
Para elo, a RíoMola publicou no día de onte na súa páxina web os motivos polos cales tomaron esta decisión: homenaxear á xente que durante os últimos 30 anos organizou de forma altruísta todas as festas en San Xoán de Río. Ademáis agradecen en nome de todos os veciños a Kike e Néstor o traballo feito, o que siguen facendo este ano e o que lles queda por facer.
O acto de homenaxe será o venres 22 de xuño ás 21:30h. na praza do Concello, onde Kike e Néstor inaugurarán as festas do 2018 lanzando o Chupinazo, acto ao que a Asociación Cultural RíoMola anima a todos a asistir. Trala homenaxe está programada a cea de San Xoán no pavillón da localidade a que é necesario apuntarse previamente.
Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua.