CulturaCulturaÚltima hora

“La mona Simona”, no Teatro Lauro Olmo do Barco este venres

Esta peza da compañía La sonris del lagarto representarase ás 19h. e está dirixida a público famil

 

A compañía asturiana La sonrisa del lagarto presentará o venres 21 de outubro sobre as táboas do Teatro Lauro Olmo do Barco a obra “La mona Simona”. A función, pensada para a público familiar, comezará ás 19h. A peza, con dirección de Marli Santana, está interpretada pola propia Santana e pola actriz titiriteira Ave Hernández.

Trátase dun espectáculo inspirado en valores “como a amizade e o amor á natureza. Innovador porque mestura as técnicas do teatro de sombras chinescas, os monicreques e a narración e interpretación. Ademais, recrea o mundo máxico, por medio da teatralización dos contos universais. Esta mestura de técnicas e a dificultade que afronta cada unha delas por separado e en conxunto, xeran un espectáculo revelador, moderno”, tal e como adianta a compañía.

A historia comeza cando a mona Simona, colgada dunha rama dun milenario Baobab, espera adormecida a chegada da alba para saudar ao Sol. Aos animais que pasan por baixo da súa árbore convídaos a ver o gran espectáculo, e para escorrentar o sono e a soidade da espera, pídelles que lle conte un conto.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button