DeportesÚltima hora

“La Vuelta 24” instalará o parque da volta na rúa San Martín da Pobra de Trives

 

A comarca das Terras de Trives serán o epicentro mundial do ciclismo durante a 12ª etapa da Volta a España, o 29 de agosto. A Pobra de Trives acollerá o Parque Volta, unha “fan zone” gratuíta onde os patrocinadores e empresas colaboradoras levan a cabo actividades para os afeccionados, que van desde reparto de merchandasing, regalos, degustacións e actividades para os máis pequenos, ademais de ofrecer a posibilidade de poder seguir desde este espazo o desenrolo da etapa.

A etapa que sairá da cidade de Ourense e que transcorrerá pola Ribeira Sacra gozará de gran espectacularidade. Serán en total 133 quilómetros de percorrido polos concellos de O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Maceda, Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, San Xoán de Río e A Pobra de Trives, con final na Estación de Montaña Manzaneda.

No Parque Vuelta que se instalará na rúa San Martín de Trives prolongarase o espectáculo do ciclismo, ofrecendo a veciños, veciñas e visitantes un lugar no que poderán desfrutar de actividades relacionadas co mundo deste deporte e para todos os públicos. Poderá visitarse dende as 16:30 ata as 20 horas e o acceso será libre.

Artigos relacionados

Back to top button