OurenseÚltima hora

“La Vuelta” terá un espectacular fin de etapa en Ourense con meta no Seminario Maior

As restricións sanitarias obrigan a modificar a chegada, inicialmente prevista para o barrio de San Francisco

O pelotón de “La Vuelta” 18 ao seu paso por Larouco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro 4 de novembro a 75ª edición de La Vuelta chegará a Ourense nunha etapa con meta no Seminario Maior. Esta alternativa -a meta estaba inicialmente prevista no alto da rúa Pena Trevinca, á que os ciclistas accederían logo de percorrer as rúas máis céntricas da cidade- foi proposta polo propio alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, para “cumprir coas restricións ás que obriga a pandemia da Covid19 e evitar aglomeracións no núcleo urbano”.

Tal como adiantan dende o Concello, integrantes da organización desprazáronse onte para recoñecer esta alternativa in situ, que consideraron “espectacular” no plano deportivo e de retransmisión televisiva: o Seminario maior é un emprazamento ideal para observar a cidade a vista de helicóptero. A proposta inclúe tamén a aproximación a meta “en vez de entrar polo barrio da Ponte e percorrer o centro da cidade, o pelotón accederá á meta desde a N-120, pasando baixo as pontes máis significativas de Ourense. Ademais, os últimos 900 metros -dos case 200 km que percorrerán os ciclistas desde Lugo- contan con desniveis entre o 8% e do 9% desde o barrio de Vista Fermosa, e o trazado ata o Seminario é idóneo para un emocionante final de etapa”, explican.

 

Artigos relacionados

Back to top button