OurenseÚltima hora

Labor ambiental e guerra contra as cabichas dos Ecovixiantes de Franciscanas

 

Os Ecovixiantes de Franciscanas continúan o seu incansable labor ambiental e a súa particular guerra contra as cabichas. A zona de actuación foi esta vez o Campus Universitario, e aínda que “fósemos cen Ecovixiantes máis non acabariamos con tanta cabicha”, asegura o profesor, Gonzalo Sánchez, Lalo, quen distribuíu sabiamente aos seus peóns, que expuxeron unha partida moi intelixente “sorprendendo ás cabichas, que estaban alí máis paradas que un gato de escaiola”, di.

Coma sempre, para levar a cabo o traballo levaron os chalecos amarelos do programa Stars España de Desprazamento Sostible e Seguro, así como o material de limpeza de Ecourense.

 

Caseta para paxaros colocada polos Ecovixiantes.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button