ConcellosÚltima hora

Larouco, Viana do Bolo e A Veiga, entre os concellos que contan con campos de voluntariado

O delegado do Goberno en Ourense, Gabriel Alén, visitaba hoxe o campamento de verán 'Tocando o Violín'

Na mañá deste xoves 20 de xullo o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do alcalde, José Luís Gavilanes, visitaba aos rapaces e rapazas, de entre 9 e 12 anos de idade, que participan do 15 ao 22 de xullo das actividades do Albergue de Abeleda, no concello de Xunqueira de Ambía, e que están a desfrutar, baixo o epígrafe ‘Tocando o Violín’ de actividades relacionadas coa música e a linguaxe musical con outras actividades de lecer como xogos grupais, piscina ou excursións, co obxectivo de potenciar os valores que transmite a música a nivel cognitivo e interpersoal.

O delegado territorial lembrou que esta proposta forma parte da campaña de verán da Xunta de Galicia, que oferta en concellos de toda a provincia de Ourense máis de 1.500 prazas, entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e outras actividades.

Deste xeito, Gabriel Alén destacou que a Xunta organiza este verán un total de once campos de voluntariado na provincia de Ourense, que suman máis de 165 prazas. Estes celébranse nos concellos de Larouco, Celanova, Viana do Bolo, Monterrei, O Pereiro de Aguiar, Vilar de Santos e Allariz, Bande, Esgos, Muíños, Vilariño de Conso e A Veiga.

A estes campos, hai que engadir os campamentos, os minicampamentos ‘Coñece Galicia’ e outras actividades que a Xunta organiza na provincia ourensán ao abeiro da campaña de verán deste ano, e que supoñen máis de 1.500 prazas para que os nenos desfruten das súas vacacións e as familias poidan conciliar.

 

Artigos relacionados

Back to top button