OurenseÚltima hora

Leiva, Los Suaves, Rosendo e Burning nas Festas de Ourense 2015

O programa, que se estenderá do 20 ao 28 de xuño, inclúe todo tipo de actividades lúdicas, culturais, gastronómicas e deportivas
Cartaz das Festas de Ourense 2015, obra de Baldomero Moreiras.
Cartaz das Festas de Ourense 2015, obra de Baldomero Moreiras.

A cidade de Ourense prepárase para celebrar a súa festa principal, a do verán, que se desenvolverá do sábado 20 ao domingo 28 de xuño. Ao longo de máis dunha semana veciños e visitantes poderán disfrutar dunha ampla programación elaborada dende o Concello en colaboración con diferentes agrupacións, que dará cabida a unha extensa protosta de actividades lúdicas, musicais, deportivas, gastronómicas e culturais en diferentes espazos da cidade.

O programa encetarase o sábado 20 de xuño, coa apertura ás 11h. da Feira Cultural Río da Vida, pero non será ata ás 21h. cando comece oficialmente coa lectura do pergón a cargo de Francisco Xosé Fernánadez Naval “Chisco” na praza Maior, seguindo da actuación da Banda de Gaitas de A Carballeira.

O domingo 21, a feira abrirá de novo ás portas pola mañá e pola tarde a orquestra Fin de Siglo animará o baile en sesión de tarde e verbena no Xardín do Posio. Á mesma hora a praza Maior acollerá as actuacións dos grupos Novedades Carminha, The Soul Jacket e Os Amigos dos Músicos. Ás 21h. actuará o grupo de rock The Boo Devils, na praza do Ferro.

O lunes 22, a partires das 12h. haberá xogos infantís na alameda do Bispo Cesáreo, e pola noite, ás 22:30h, actuará a formación Renegados na praza Maior.

O martes 23, haberá teatro de rúa durante todo o día na rúa do Paseo e na alameda do Bispo Cesáreo e ás 20h. o Auditorio Municipal de Ourense acllerá unha das actuacións do IX Certame de coraias De Ruada. Tamén ao día seguinte, mércores 24, toda a familia poderá disfrutar co teatro de rúa, así como coa melñodica voz da cantante María do Ceo que dará un concerto xunto á Banda de Música Municipal de Ourense ás 22:30h. na praza Maior.

A partires do xoves 25 e durante tres días, o centro histórico da cidade acollerá a Feira Histórica. Ás 20h. terá lugar no Xardín do Posío o Ourenfest, que este ano contará coas actuacións de Leiva, Priscilla, Best Life e dj Cora Novoa. E xa a partires das 22:30h. na praza Maior haberá un espectáculo de danza oriental, mentres que ás 23h. na praza do Ferro haberá un concerto de música country.

O venres 26, ás 21h. a Banda de Música Municipal de Ourense actuará na praza de San Martiño e ás 22h. a formación Reggatta de Blanc ofecerá un concerto tributo á banda Police.

O sábado 27, haberá animación de rúa durante toda a mañá, con música de charanga e gaiteiros pola cidade. Ás 12h. a Banda de Música Municipal de Ourense dará un novo concerto na praza de San Martiño, e a partires das 13h. os presentes podrán degustar tapas e aperitivos baseados na gastronomía local, ao tempo que disfrutan coa música en directo no Bulevar Termal. Ese mesmo día celebrarase o Derrame Rock en Expourense coas actuacións de Los Suaves, Michael Schenker’s Temple of Rock, Rosendo, Burning, Siniestro Total, Aphonnic, Bergallazo e Contra as cordas, rematando a xornada cun espectáculo pirotécnico a cargo da Pirotecnia Josman, na marxe dereita do río Miño.

O derradeiro día de festas, o domingo 28, a partires das 10h. comenzará a Carreira Correndo por Ourense. Neste día poderase disfrutar ademais coa última xornada da Feira Histórica, entre outras moitas actividades.

Estas non son máis que algunhas das propostas das Festas de Ourense 2015. O programa completo pode consultarse na páxina web do Concello ourensecultura.com

Artigos relacionados

Back to top button