
Queda un mes e medio para a data (do 21 ao 23 de xullo) pero dende a organización do SilFest 2022 veñen de facer público o cartel definitivo, coa confirmación entre outras de bandas como León Benavente, Corizonas, Sex Museum, Veintiuno, Karavans, Alberto&García ou Agoraphobia.
Un total de 18 artistas do panorama nacional e galego, pero tamén bandas locais, de estilos moi variados que pisarán os diferentes escenarios do festival multicultural á beira do río Sil, ao seu paso polo Barco de Valdeorras. O cartel dunha sexta edición que promete música para todos os públicos e tres días de baile sen descanso, ademais do mellor viño e catas, polbo á feira, cine ao aire libre, poesía, natureza,… e coma sempre un espazo para os máis pequenos.
As entradas anticipadas poranse á venda proximamente.