DeportesKárateÚltima hora

Leyre Paradelo Ambrinos (River Stone O Barco), clasificada para a final da liga nacional de karate 2023

Leyre Paradelo Ambrinos facendo unha kata.

 

Do 1 ao 3 de decembro celebrarase en Málaga a fase final da da Liga Nacional de Karate 2023 para que está clasificada unha karateka do KC River Stone do Barco de Valdeorras. Trátase de Leyre Paradelo Ambrinos, que con apenas 7 anos ten demostrado ser toda unha promesa neste deporte. “Empezou moi pequeniña e na primeira competición galega á que foi, en decembro hará tres anos, quedou terceira polo que empezou a gustarlle a competición e xa seguiu”, explica o seu mestre, Nicolás Rodríguez.

Entre os títulos conseguidos ata o momento pola pequena deportista están o de campioa galega 2022; o de campioa de España de Estilos 2022 ou o de campioa galega por equipos 2023. “Foi ao campionato de España representando a Galicia sendo a nena máis pequena”, puntualizan dende o club, engadindo que se clasificou o ano pasado para a final da liga nacional de karate con só 6 anos, volvendo clasificarse neste 2023 por segundo ano consecutivo, “algo que non consegue moita xente”, din.

Ademais Leyre irá á final polo seu avó que está pasando por unha longa enfermidade, adicándolle a el o campionato.

 

 

Fotos: RFEK.

Artigos relacionados

Back to top button