ConcellosO BoloÚltima hora

Licitada a obra de reconstrución da ponte de Barxa (O Bolo) sobre o río Xares

Ponte de Barxa sobre o río Xares./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Na noite do 20 de decembro de 2019 a forte riada do río Xares que atravesa a localidade de Barxa (entre San Martiño e O Seixo) partía o piar central dunha das pontes desta aldea bolesa. A ponte seguía en pé pero dada a profunda fenda quedaba cortada ao tráfico rodado.

Cinco anos despois e tras moitos problemas, tendo incluso que refacer o proxecto, a Confederación Hifrográfica do Miño-Sil (CHMS)vén de sacar a licitación da reconstrucción da devandita ponte cun presuposto de 474.400,67 Euros

Segundo a publicación, na Plataforma de Contratación do Sector Público do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do que depende a CHMS, as empresas interesadas en concorrer á execución deste proxecto poden presentar as súas ofertas ata o 2 de xaneiro.

Artigos relacionados

Back to top button