OurenseÚltima hora

Limpeza do Miño, tapóns solidarios e actividades en torno ás aves para celebrar a Semana do Medio Ambiente

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense participaron na XVI Limpeza Simultánea de Ríos

 

Unha vez máis os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense participaban na Limpeza Simultánea de Ríos que esta semana chegaba á XVI edición, e que desenvolvían na Praia da Antena, no río Miño, en Ourense.

 

 

Alí, unha trintena de entusiastas voluntarios ambientais, apoiados por Luis, amigo da Aula da Natureza de Oira e o can ecoloxista Baloo, retiraban do entorno natiral todo tipo de residuos. Dende cabichas, botellas e ouros plásticos, ata unha bicicleta, “atendendo ao ODS 6 agua limpa e saneamento”, explica Lalo, un dos profesores que acompaban ao grupo xunto a Cristina e Josiño. Todos con chalecos amarelos do Programa Stars España de mobilidade sostible e segura.

Día das Aves

Xílgaro, verderolo, xirín, peto verdeal, picapau, pomba, pombo, rula, cirrio, andoriña, picafollas, lavanco, garza, garzota, corvo, gaivota, merlo rieiro, picapeixe, ferreiriño, subeliño, carriza, subidor, estreliña riscada, merlo, tordo, paporrubio, pega, gaio, ouriolo, pardal, lavandeira, papuxa, pimpín… “Son algúns dos poéticos nomes da nosa vecindade; basta con que no vaiamos mirando ao chan ao camiñar”, explica Gonzalo “Lalo” Sánchez, prodesor no Colexio Franciscanas de Ourense e coordinador da actividade que os Ecovixiantes realizaban para celebrar o Día das Aves, nesta semana especial na que se conmemora o Día de San Francisco, patrón da Ecoloxía.

 

 

O alumnado realizou láminas de páxaros do entorno de Ourense. “Das ribeiras do río, dos nosos parques e zonas verdes, de nosa  cidade”, puntualiza Lalo.

 

 

Ademais, pechando a Semana do Medio Ambiente os Ecovixiantes realiazaban outra actividade referida ao Día das Aves, desta  volta convidados pola Aula da Natureza do Río Miño. “Unha maxistral e amena sesión con Antonio Ferreirós da SGHN, na que os rapaces aprenderon un montón de curiosidades sobre os paxaros que habitan as Ribeiras do Pai Miño”, explica Lalo encargado de acompañar ao alumnado xunto a Cristina. “Tamén estivo a concelleira de Medio Ambiente,Tamara”, puntualiza Lalo.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button