DeportesGalerías de fotos

Loeb debuta, Solberg gaña

Cheo total no circuíto do Rallyecross de Montealegre (Portugal), a primeira proba do campionato do mundo

O dobre campión do mundial FIA de rallycross, o noruego Petter Solberg, comezaba a terceira edición do WorldRX cun impoñente triunfo na ronda inaugural de Montalegre, Portugal. Trala primeira xornada de clasificación marcada pola intensa chuvia, a xornada do domingo, soleada e tranquila, sería redonda para Solberg conseguindo a vitoria na semifinal sen problemas e cun gran espectáculo na final. Robin Larsson e Topi Heikkinen cos seus Audi A1 Supercar e S1 EKS RX Quattro, respectivamente, tamén subiron ao podio.

Á parte do podio, nesta primeira proba do mundial de rallycross as miradas estaban postas sobre o nove veces campión do WRC, o francés Sébastien Loeb. Desta volta, a sorte no estivo do seu lado, xa que uns problemas mecánicos impedíronlle loitar ao máximo. Así e todo, o piloto do Team Peugeot-Hansen sumou xa os seus primeiros puntos para o campionato.

Fotos: Belay.

Artigos relacionados

Back to top button