CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Loito no CD Barco polo falecemento de Fernando García Salvador, cunha “longa vinculación persoal e de apoio constante ao club”

Fernando García na bancada vendo ao CD Barco./ Foto cedida.

 

Dende o Centro de Deportes Barco informan “con grande pesar” do pasamento, na xornada do mércores 28 de febreiro, de Fernando García Salvador, “home cunha moi longa traxectoria de vinculación persoal e de apoio constante ao club”.

“A de Fernando é unha desas historias de amor sen condicións ás cores locais e, en boa lóxica, acabou por espallar esta súa paixón tamén ao círculo familiar”, aseguran no comunicado feito público nas redes, destacando a “súa implicación como directivo, en momentos bos e noutros non tan favorábeis pra a entidade”, e lembrando ao seu fillo Nando (porteiro, delegado e actualmente preparador de porteiros) e ao seu xenro José Antonio “Gaso”, que exerce como delegado do club.

“Vaia o máis sentido pésame pra os nosos benqueridos compañeiros, así como ao resto da familia e a todos os seus seres queridos. Co noso agarimo e o testemuño de gratitude parello á súa fidelidade, beizóns! Descanse en paz, don Fernando García”, din en nome da directiva e de todos os integrantes do club barquense.

Artigos relacionados

Back to top button