DeportesÚltima hora

Lola Bouza (Adas), prata en pértega no Campionato de España de Federacións Sub18

Lola Bouza, en Pamplona./ Foto: FGA.

 

Destacada actuación da atleta Lola Bouza, do Club Adas do Barco, no VI Campionato de España de Federacións Sub18 que se disputaba na tarde deste 3 de outubro en Pamplona. Bouza formaba parte da selección galega nesta cita e competía no concurso de pértega, onde lograba un segundo posto cunha marca de 3.50 m.

A selección galega finalizaba o campionato sumando un total de 159 puntos cos que rozaba o podio, xa que se quedaba cunha cuarta posición. Na cita dominaba a selección catalana con 199,5, puntos seguida de Castela e León (167 puntos) ee Andalucía (164).

Artigos relacionados

Back to top button